Trátase dunha actuación que permitirá renovar este viario de acceso a parcelas agrícolas, mellorando a súa seguridade e accesibilidade. O proxecto conta cun orzamento de 65.000 euros, financiados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza dos marxes, a ampliación do ancho da vía en determinados tramos, a construción dun sistema de drenaxe e recollida de augas pluviais, a reconstrución parcial dun muro de pedra, e a posterior preparación e pavimentación con aglomerado asfáltico en quente. A actuación completarase coa correspondente sinalización horizontal.
“Este camiño atópase moi deteriorado, con fochancas, estreitamentos e problemas de escorrentía. Con esta obra buscamos dar unha resposta ás necesidades da veciñanza de Xaviña, garantindo un acceso en condicións e máis seguro”, sinalan desde o goberno local.