O Concello de Camariñas mellorará a eficiencia enerxética cun renovado alumeado no núcleo poboacional de Ponte do Porto, nunha obra financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia cun valor de 30.976 euros.
Preténdese con esta intervención a mellora non só da iluminación pública e a conseguinte redución do consumo enerxético e as emisións de gases de efecto invernadoiro; tamén optimizar a seguridade viaria e limitar a contaminación lumínica e reducir a luz intrusa ou molesta. Para isto dotarase á instalación dun sistema de telexestión, controlando así tanto o acendido como o apagado.
Substituiranse así as luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED, adecuarase a instalación e o cadro de mando de protección e renovaranse as liñas de distribución que se atopen afectadas.
