A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron este mércores ás tarefas de replanteo das obras, que comezarán a finais desta semana e que contan cun orzamento de 68 mil euros..
Dentro dos traballos, contémplase a rehabilitación e renovación dun tramo da rúa Campo de Area, que dá accceso ao paseo marítimo, dentro do núcleo urbano de Camelle. Renovarase a rede de saneamento, construirase unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.
Dentro deste proxecto está contemplada a urbanización da rúa anteriormente mencionada, a de Campo de Area, coa que se busca aumentar a seguridade dos peóns e acondicionalas para persoas con mobilidade reducida. Estímase que a duración das obras será de dous meses desde o comezo das mesmas.
A alcaldesa, Sandra Insua, sinalou que ‘dotaremos ao núcleo de Camelle cun acceso acorde á importancia natural e patrimonial do mesmo. Dentro deste novo proxecto contemplamos o aumento da protección dos viandantes cando teñan que usar este treito, un punto tremendamente importante’, sinalou a rexedora.