O Concello de Camariñas mostra os beneficios de facer exercicio durante a corentena

1 minutes read
  • Os expertos recomendan facer exercicios para relaxar a mente e protexer os músculos

Estas semanas de confinamento poden afectar ao noso estado anímico e físico, por iso os expertos recomendan manter unha rutina para levar da mellor forma posible esta corentena.

A ansiedade, o estrés ou os cambios físicos como a subida de peso poden ser unha constante durante estes días, por iso recomendan facer exercicios para relaxar a mente e para fortificar os músculos e articulacións.

Concellos como Dumbría ou Camariñas xa puxeron en marcha varias accións para fomentar a mobilidade entre os seus veciños a través das redes sociais.

Por exemplo, Camariñas irá publicando en Facebook sesións que están levando a cabo os monitores das actividades municipais para que todas as persoas que o desexen poidan facer deporte no seu fogar.