O Concello de Camariñas pide colaboración para controlar a poboación de gatos na rúa

PIXABAY

  • A empresa encargada de recollida de animais aplicará o método CES: captura, esterilización e solta

O Concello de Camariñas pide a colaboración dos seus veciños para manter controlado o aumento da poboación de gatos na rúa e así poder xestionar mellor a situación. Desde o goberno local inciden na importancia de alertar ao Concello sobre a presenza deses animais para que a empresa encargada da recollida aplique o método CES: captura, esterilización e solta.

O obxectivo deste chamamento é evitar un problema futuro coas colonias que se poidan formar, xa que son animais que se reproducen rapidamente.