O Concello de Camariñas remata as obras de mellora de rúas no Allo, na Ponte do Porto

1 minutes read

Esta actuación, que tiña como obxectivo principal solucionar as deficiencias nos pavimentos e dotar á zona dun sistema axeitado de evacuación de augas, supuxo un investimento total de 36.901,08 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

A área de intervención concentrouse na zona máis alta do núcleo rural do Allo, onde as fortes pendentes e a ausencia dunha rede de pluviais provocaban constantes arrastres de terra e deterioración dos camiños durante os episodios de choiva. Para dar unha solución integral, os traballos dividíronse en tres tramos diferenciados.

Con esta obra, o goberno local dá resposta a unha demanda veciñal, mellorando sensiblemente as condicións de seguridade e comodidade tanto para o tráfico rodado como para os viandantes, ao tempo que se adecúa a contorna deste núcleo rural.