58
O Concello de Camariñas volve a estar aberto ao público de 10 a 13 horas, aquelas persoas que teñan que acudir deberán solicitar antes cita previa no 981 73 60 00. O obxectivo é evitar aglomeracións e cumprir coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias durante a Fase 1 da desescalada polo que se controlará o acceso ao interior do edificio, que unicamente estará dispoñible para temas de Rexistro e Alcaldía. Debido a que o Estado de Alarma segue vixente os prazos seguen suspendidos polo que algúns procesos non se poderán levar a cabo.