O Concello de Carballo acolleu os primeiros casamentos civís do 2022


A Casa do Concello de Carballo acolleu esta fin de semana as dúas primeiras vodas civís do 2022, ambas foron oficiadas pola edila de Facenda, Patrimonio e Persoal, Belén Lendoiro. O ano pasado celebráronse 48 vodas civís, e por primeira vez non foi Evencio Ferrero o que máis oficiou, senón Iván Andrade, concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, proba dilo son as 18 que presidiu no 2021. Casar no Concello de Carballo é de balde, e ademais ofrécense aos contraentes todo tipo de facilidades en canto a días, horarios, lugares ou decoración dos espazos das cerimonias.