Este servizo funcionará a través do portal covid19.carballo.gal, ao que poderás acceder a través desta web dende a área de Promoción Económica.
Nesta nova páxina web, que xa está operativa, concéntrase toda a información sobre a COVID-19, fundamentalmente de interese laboral e empresarial, pero tamén de ámbito social e institucional. O obxectivo é concentrar nun único espazo todas as medidas e os recursos que están a disposición da cidadanía nesta crise sanitaria, polo que os distintos apartados estarán en actualización constante.
O espazo web inclúe un formulario que porá a traballadores/as, autónomos/as e empresarios/as en contacto con persoal técnico especializado que resolverá as súas dúbidas sobre cuestións profesionais.