O Concello de Carballo adía o cobro de varios impostos mentres dure o estado de alarma

Edificio Concello de Carballo

O Concello de Carballo vén de adoptar unha serie de medidas encamiñadas a reducir a presión fiscal sobre a veciñanza durante o estado de alarma decretado para facer fronte á pandemia do COVID-19, polo que quedan en suspenso todos os cobros, liquidacións e procedementos executivos de recadación, e no caso das instalacións deportivas, ademais, descontaranse as cantidades correspondentes aos días de peche.

As medidas concretas son as seguintes:      

1.- Non se poñerán ao cobramento os padróns do primeiro período de recadación (IVTM, taxas lixo-vivenda e lixo-comercial, e taxas vaos permanentes) ata que pase o estado de alarma.

2.- Paralízanse todos os procedementos executivos de recadación (premas, embargos, etc…), e os prazos dos mesmos.

3.- Non se emitirán novas liquidacións tributarias durante este período de alarma.

4.- Non se xirarán cargos bancarios dos contribuíntes que teñan concedidos aprazamentos/fraccionamentos dos tributos municipais.

5.- Téñense suspendido todos os prazos de pagamento das liquidacións emitidas e postas ao cobro antes do Decreto de alarma.

6.- A duración do prazo do período de alarma computarase como período inhábil a todos os efectos tributarios, tanto de termos coma de prazos.

7.- Suprímese a atención presencial nas oficinas, pero continúa aberto o portelo electrónico, a atención ao contribuínte por e-mail, e o funcionamento telemático, en servizos mínimos, dos servizos tributarios.

8.- Non se xirarán liquidacións mensuais polos abonos pola utilización das instalacións deportivas municipais, ao se atoparen pechadas ao público. Ademais, as persoas usuarias non terán que pagar nin os abonos nin as cotas dos cursos correspondentes aos días que dure o peche das instalacións deportivas municipais polo estado de alarma.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha