O Concello de Carballo aproba axudas para paliar a subida do prezo da luz

Concello de Carballo

  • Titulares do bono social e persoas que reciben tratamentos de osixenoterapia ou diálise peritoneal nos seus domicilios poderán acceder ás subvencións

Nos últimos anos aumentou considerablemente o recibo da luz, sobre todo durante este 2021. O Concello de Carballo, ante as dificultades que presentan algunhas familias para facer fronte á factura da electricidade, decidiu convocar unha liña de axudas para paliar a subida dos prezos ao considerar que «o acceso á electricidade é unha necesidade básica».

Poderán acceder ás axudas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que cumpran algún dos seguintes requisitos: ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade ou recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, osixenoterapia ou tratamento de diálise peritoneal domiciliaria.

As bases da convocatoria foron aprobadas este luns pola Xunta de Goberno Local. A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. A Concellaría de Igualdade e Benestar destina a esta liña de axudas, nesta primeira convocatoria, un máximo de 60.000 euros. O prazo de solicitude abrirase a partir da publicación correspondente nos boletíns oficiais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha