34
- Trataranse temas como o contrato de xestión de servizos de limpeza públicos ou unha moción do BNG sobre o protocolo educativo da Xunta ante a Covid-19
O Concello de Carballo celebrará este luns, a partir das 20:30 horas, o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto.
Entre os temas a tratar atópanse a aprobación da acta da sesión anterior; o contrato de xestión do servizo público baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto a recollida de lixo e o punto limpo, entre outros; a sinalización de dous días de festa, de carácter retribuído e non recuperable, no termo municipal de Carballo para o ano 2021; varias bonificacións e unha moción do BNG sobre o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-2021.