O Concello de Carballo complementará as axudas para comedores escolares ata o importe máximo autorizado

Plato de comida_PIXABAY

  • A Administración galega establece un tope de 4,5 euros por día lectivo e menú

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde na que se establecen as axudas ás familias do alumnado que fai uso de comedores escolares de maneira gratuíta nos centros públicos de infantil, primaria e secundaria obrigatoria. As axudas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal e polos días lectivos de suspensión do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

O “importe máximo” fixado pola Xunta de Galicia é de 4,50 euros por menú e día, pero por parte da Administración autonómica descóntanse o gastos de persoal e mantemento das instalacións, polo que a cantidade redúcese ata 2,5 euros. A Concellaría de Igualdade e Benestar achegará os 2 euros a maiores para compensar ás familias coa totalidade do custo. A orde da Xunta establece que “a percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, ben que o importe da axuda concedida en ningún caso poderá, en concorrencia coas outras subvencións ou axudas, superar o custo máximo do prezo público ou tarifa establecido para os comedores escolares fixado en catro euros con cincuenta céntimos (4,50 €)”.

As familias deben solicitar a axuda antes do 6 de abril ou ben na sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos propios centros escolares.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha