Carballo abre unha nova liña de axudas para deportistas individuais menores de idade

1 minutes read
  • A Concellaría de Deporte entregará un máximo de 20 bolsas de 300 euros cada unha

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este mércores as bases da convocatoria de axudas a deportistas individuais do Concello de Carballo para financiar a actividade desenvolvida no ano 2020. O obxectivo das subvencións, que se convocan por primeira vez e que se suman ás distintas liñas municipais de axuda ao deporte, é paliar as dificultades coas que se atopan os deportistas individuais, en especial nas etapas de formación. A Concellaría de Deporte entregará un máximo de 20 bolsas de 300 euros cada unha.

A convocatoria está aberta a deportistas residentes no concello carballés nados a partir do 1 de xaneiro do ano 2002, e que ademais reúnan unha serie de requisitos. As solicitudes, que poderán presentarse nos 20 días posteriores á publicación do extracto da convocatoria no BOP, deberán realizarse a través da sede electrónica do Concello de Carballo.