O concello de Carballo disporá de 150 novos composteiros individuais

Programa "Ti tes a chave"_Cedida

  • O programa “Ti tes a chave” volve este xoves á rúa, coincidindo co mercado semanal

As concellarías de Medio Ambiente e Servizos poñen en marcha unha nova campaña para seguir estendendo a compostaxe doméstica polo concello de Carballo. O municipio contará, grazas á colaboración da Consellería de Medio Ambiente e da Unión Europea, con 150 novos composteiros que se sumarán aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias.

Desde o goberno local destacan que «esta nova partida permitiranos atender as máis de 60 peticións que temos en lista de agarda e seguir incorporando máis», polo que desde este xoves queda aberto o prazo de solicitude para participar neste programa de reciclaxe.

A compostaxe doméstica permítelle ás familias da zona rural dispoñer dun abono de calidade para utilizar nas hortas, pero na zona urbana de Carballo hai miles de persoas e centos de comercios que están colaborando coa redución de residuos a través do programa de compostaxe “Ti tes a chave”, que este xoves volve á rúa coincidindo co mercado.

Máis información na web do concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha