O Concello de Carballo e Vieiro renovan a colaboración contra a exclusión social

0 minutes read
  • A entidade recibe unha axuda de 6.000 euros para este cometido

O alcalde Carballo, Evencio Ferrero, asinou este venres a renovación do convenio de colaboración coa Asociación Antidroga Vieiro para loitar contra a exclusión social a través dunha achega de 6.000 euros. A entidade estivo representada pola súa presidenta, Fina Rey, e por Xosé María Arán. Por parte do goberno local tamén acudiu a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. Ademais, este departamento subvenciona este ano a Vieiro con 6.786 euros para o desenvolvemento do programa ‘Quéreme ben’.