Carballo apoia as prácticas formativas estudantís a través de acordos con varios centros


  • Na Xunta de Goberno Local aprobouse un convenio co CIFP Anxel Casal da Coruña e co Centro Universitario Superior Europeo

O Concello de Carballo trata de facilitar o desenvolvemento de prácticas formativas a estudantes de distintas especialidades para que melloren o seu expediente académico ao mesmo tempo que se preparan para incorporarse ao mundo laboral.

No que vai de ano, aprobáronse catro convenios con varios centros formativos, dous deles na Xunta de Goberno Local celebrada este lunes. Por unha banda, o Concello colaborará co Centro Universitario Superior Europeo (CUSE) para o desenvolvemento da formación práctica do alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, que se adscribirá á Unidade de Condutas Adictivas (UCA). Por outra, estableceuse un acordo co CIFP Anxel Casal Monte Alto para que unha alumna do ciclo de animación sociocultural e turística poida realizar prácticas no departamento de Cultura. Estes dous novos convenios súmanse aos aprobados en xaneiro coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, e co IES Monte Neme de Carballo.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobaron facturas por importe de 23.135,61 euros e varias licenzas urbanísticas.