O Concello de Carballo fixa en 70 mil euros a axuda ás asociacións de empresarios

Imaxe de arquivo da presentación dun Mercadillo, por membros do CCA e do Concello._nhdiario.es

  • Os recursos destinados a impulsar as actividades de dinamización empresarial e comercial aumentaron un 159% dende o ano 2015.

A Concellaría de Promoción Económica volve a aumentar os recursos destinados á convocatoria anual de subvencións destinadas ás asociacións de empresarios e comerciantes para impulsar acción de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica. Con esa intención, incrementa a contía das axudas, que este ano acadarán os 70.000 euros, 10.000 máis que no 2020.

As bases correspondentes ao exercicio 2021 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 9 de agosto. Coa publicación do extracto, o día 13, comezaron a contar os 20 días naturais de prazo dos que dispoñen as entidades interesadas para presentar as súas solicitudes.

As actividades subvencionables serán as de difusión, promoción e apoio do tecido empresarial local, a formación e as accións de dinamización da actividade económica local. Os gastos de carácter xeral da entidade (persoal e gastos correntes) serán subvencionables cando se adscriban á realización da actividade obxecto de subvención co límite máximo do 50% do orzamento total subvencionable, o que deberá quedar suficientemente motivado. Exclúense desta convocatoria os gastos de viaxes, manutención, aloxamento e atención protocolaria e os gastos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha