Unha ruta cultural abrirá o 3 de xullo a campaña “Eu quero Razo-Baldaio”, unha iniciativa enmarcada no proxecto “Eu quero a Carballo”, e que nesta ocasión trata de promover o turismo sustentable.
Deste xeito, o litoral carballés será o protagonista dunha serie de actividades para todos os públicos que se desenvolverán ata finais de setembro e nas que participarán entidades naturalistas como Senda Nova, Hábitat e Adega. Representantes dos tres colectivos, xunto co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, participaron hoxe na presentación do cartel, que ten como lema “Coñecela para querela”.
O calendario completo das actividades programadas, que na súa maior parte levaranse a cabo os mércores e os sábados, está dispoñible na web creada especificamente para este proxecto, á cal se pode acceder desde o banner superior da portada de www.carballo.gal ou clicando aquí.