O Concello de Carballo incentiva a actividade das entidades empresariais

Edición Mercadillo CCA Carballo 2019_ Arquivo.

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións a entidades empresariais para o desenvolvemento da súa actividade ao longo deste ano. A Concellería de Promoción Económica realizará unha achega total de 60.000 euros, que se reparten do seguinte xeito:

  • Centro Comercial Aberto (CCA): 32.489,64 euros para o financiamento da unidade xerencial e as campañas de promoción comercial e fidelización da clientela.
  • Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober): 18.370,36 euros para programas de difusión, formación, promoción e apoio ao tecido empresarial e para actividades de formación.
  • Asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do Polígono de Bértoa: 8.288 euros para unha campaña informativa sobre xestión de residuos e o servizo de recollida de cartón e plástico.
  • Asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais do Barrio da Milagrosa: 852 euros para unha campaña de fomento da economía do barrio.

En todos os casos, o Concello de Carballo achegará o 80% do orzamento solicitado.

En relación coa actividade empresarial tamén foron aprobadas varias licenzas urbanísticas, entre elas a de construción dunha nave para etiquetado de produtos agrarios envasados no parque empresarial de Bértoa e varias de primeira ocupación para outras edificacións realizadas nos últimos meses no polígono.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha