O Concello de Carballo, máis solidario

Edificio Concello de Carballo

  • A veciñanza depositou no primeiro semestre deste ano un total de 75.000 pezas de téxtil nos contedores de Humana

Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que desde 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e que leva a cabo programas de cooperación ao desenvolvemento en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España, recuperou 36.457 de téxtil usado en Carballo no primeiro semestre de 2019 cun fin social e ambiental, o que representa un 7% máis que no mesmo período do ano pasado (34.125 kg).

Este rexistro equivale a 75.000 pezas, que serán reutilizadas ou recicladas e alongarán o seu ciclo de vida útil. As doazóns proceden dos contedores verdes situados en lugares de fácil acceso onde se deposita a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non se utilizan, pero están en bo estado e poden ter unha segunda vida. O servizo é gratuíto e representa un aforro importante nos gastos de recollida e tratamento de residuos urbanos.

A reutilización e a reciclaxe de téxtil ten un beneficio ambiental: contribúe ao aforro de recursos, a protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As máis de 36 toneladas recollidas de xaneiro a xuño representan un aforro de 115 toneladas de CO² á atmosfera, cousa que o planeta agradece.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha