O Concello de Carballo mostra o seu rexeitamento ante calquera forma de violencia

0 minutes read

O Concello de Carballo expresou o seu absoluto rexeitamento a calquera forma de violencia e o seu apoio ás liberdades individuais, tamén á liberdade afectivo sexual.

O motivo deste comunicado foi o coñecemento dunha suposta agresión homófoba contra dúas rapazas que se estaban bicando no parque Anllóns e recibiron unha malleira.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, mantiveron este xoves unha xuntanza con representantes do Observatorio coruñés contra a LGTBIfobia para seguir traballando dunha maneira coordinada na construción dunha sociedade máis tolerante e igualitaria.