Tan pronto como foi activada, por parte de Augas de Galicia, a prealerta por escaseza de auga no río Anllóns, responsables técnicos e políticos do Concello de Carballo celebraron unha xuntanza na que se acordou establecer unha serie de restricións que afectan aos servizos públicos, e que son as seguintes:
- Eliminar os baldeos agás por causa xustificada
- Pechar todas as fontes ornamentais
- Intentar reducir ao máximo os consumos municipais
- Implantar un plan de regas das zonas verdes que reduce as frecuencias ao máximo en función das necesidades de cada xardín
O goberno municipal está en comunicación permanente coa empresa concesionaria do servizo de xestión integral do ciclo da auga para coñecer a situación en cada momento, da que se informa puntualmente a Augas de Galicia, por se fose preciso aplicar as medidas previstas no Plan Municipal de Emerxencias contra a Seca.
A raíz dunha visita a os lugares de captación acordouse solicitar a colaboración veciñal para que realice un consumo responsable de auga, con medidas como evitar encher as piscinas, baldear ou lavar os coches. Nos vindeiros días trasladarase á poboación unha serie de medidas e consellos básicos a través dunha campaña de comunicación.
Promo da campaña.