O Concello de Carballo pide a colaboración da cidadanía para reducir o consumo de auga

1 minutes read

Tan pronto como foi activada, por parte de Augas de Galicia, a prealerta por escaseza de auga no río Anllóns, responsables técnicos e políticos do Concello de Carballo celebraron unha xuntanza na que se acordou establecer unha serie de restricións que afectan aos servizos públicos, e que son as seguintes:

  • Eliminar os baldeos agás por causa xustificada
  • Pechar todas as fontes ornamentais
  • Intentar reducir ao máximo os consumos municipais
  • Implantar un plan de regas das zonas verdes que reduce as frecuencias ao máximo en función das necesidades de cada xardín

O goberno municipal está en comunicación permanente coa empresa concesionaria do servizo de xestión integral do ciclo da auga para coñecer a situación en cada momento, da que se informa puntualmente a Augas de Galicia, por se fose preciso aplicar as medidas previstas no Plan Municipal de Emerxencias contra a Seca.

A raíz dunha visita a os lugares de captación acordouse solicitar a colaboración veciñal para que realice un consumo responsable de auga, con medidas como evitar encher as piscinas, baldear ou lavar os coches. Nos vindeiros días trasladarase á poboación unha serie de medidas e consellos básicos a través dunha campaña de comunicación.

Promo da campaña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?