34
Dende a Concellaría de Festas do Concello de Carballo afirman que queren contar coa colaboración da veciñanza para intentar que o San Xoán do 2022 sexa o mellor posible.
A concelleira Maruxa Suárez convida á cidadanía a participar. «Teñas a idade que teñas, sexas da parroquia que sexas, en solitario ou en grupo… temos o convencemento de que tes moito que achegar».
Este martes 1 de febreiro, ás 20:30 horas, haberá unha xuntanza no Pazo da Cultura para ir dando pasos de cara ás próximas Festas do San Xoán.
Faltan menos de cinco meses, e aínda que a incerteza non desapareceu por completo, este ano agardamos poder volver a celebrar as festas patronais.