O Concello de Carballo presenta o seu cuarto Plan de Igualdade


Evencio Ferrero apelou ao compromiso de toda a sociedade para “seguir traballando en igualdade, porque só así se pode chegar á xustiza”

O IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre as Mulleres e os Homes de Carballo xa é unha realidade. Presentárono o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Igualdade, Maica Ures, e o equipo técnico do Centro de Información á Muller (CIM) na véspera dunha data tan simbólica coma é o 8 de Marzo. Pero, máis ca un símbolo, Maica Ures expresou o seu desexo de que este documento, que podes consultar ao final desta nova, “sexa unha ferramenta de cambio social, unha folla de ruta viva e dinámica e realista encamiñada a reducir as desigualdades de xénero e a seguir traballando para rematar coa violencia de xénero e cos feminicidios”.

O IV Plan de Igualdade, aprobado na última Xunta de Goberno Local, representa “a continuidade do compromiso que o Concello de Carballo ten adquirido para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”, engadiu a concelleira.

Presentación do IV PIOM Carballo.