O Concello de Carballo reactiva a Bolsa de Traballo con cita previa

Edificio Concello de Carballo

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo xa está plenamente operativa, aínda que a partir de agora todas as xestións deben realizarse previa solicitude de cita.

As persoas demandantes de emprego que desexen inscribirse ou realizar algunha modificación no seu currículo poden pedir a cita a través do correo electrónico bdt@carballo.gal ou chamando por teléfono aos números 981 709 011 ou 981 709 010.

Para o intercambio de información (vida laboral, DNI, diplomas de cursos, títulos…) tamén hai dúas opcións: ou ben enviala a través do correo electrónico ou ben achegala o día da entrevista nas oficinas municipais do Fórum Carballo. O día e a hora da cita confirmaranse a través do mesmo medio polo que se solicite (correo electrónico ou teléfono).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha