O Concello de Carballo recoñece a dedicación e a entrega de dous policías que se xubilan

1 minutes read

Unha representación do corpo da Policía Local, do goberno municipal e do funcionariado acompañou este venres aos axentes José Ramón Anido e José Antonio Andrade na súa despedida, xa sen uniforme agradeceron o trato recibido ao longo de todos os anos de servizo tanto por parte dos compañeiros e compañeiras como dos cargos políticos. Segundo a xefatura policial, dous piares moi importantes dentro do corpo, polo traballo que facían en mobilidade. O alcalde, Evencio Ferrero, agradeceulles a dedicación no seu traballo e fíxolles entrega de cadanseu carballo de Sargadelos cunha dedicatoria do Concello e desexoulles moita sorte na aventura vital que agora emprenden.

Anido e Andrade, no centro xunto ao alcalde, na súa despedida.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?