O Concello de Carballo rende contas fronte á crise provocada polo Covid-19

Imaxe dun traballador desinfectando as rúas de Carballo_Foto arquivo.

  • Amplía as axudas sociais, mantéñense todos os contratos para garantir o emprego nas empresas prestadoras de servizos, redúcese a presión fiscal, potenciando os servizos de emerxencias, hixiene e seguridade.

O Concello de Carballo rende contas sobre as medidas adoptadas,tras a declaración do estado de alarma, seguindo as directrices das autoridades sanitarias en materias de hixiene, seguridade ou aforos; tomando a iniciativa para garantir a atención á cidadanía e dun xeito especial ás persoas máis vulnerables nas circunstancias actuais.

Entre as máis de 30 medidas postas en marcha, estas son algunhas das máis destacadas:

A posta en marcha dun servizo de reparto de alimentos e medicamentos a persoas maiores, con problemas de mobilidade ou en situación de vulnerabilidade, en colaboración con Protección Civil e Brigada de Obras. Desinfeccións diarias en edificios e espazos públicos, así coma nas contornas dos comercios abertos ao público. O servizo municipal de limpeza viaria realiza, ademais, baldeos diarios, e o servizo de recollida de lixo céntrase na desinfección e limpeza dos colectores. Teletraballo para unha atención plena ao cidadán. Aprazamento do cobro das taxas de lixo e vaos e paralización de todos os procedementos executivos de recadación.

Consulta aquí as medidas ao completo: