O Concello de Carballo iniciará esta semana o reparto de 32.000 máscaras cirúrxicas homologadas en todos os fogares para asegurar que a veciñanza teña unha á súa disposición no caso de verse obrigada a acudir a un lugar no que non sexa posible respectar as distancias de seguridade sanitaria con outras persoas. O uso de mascarillas está recomendado neses casos polo Ministerio de Sanidade.
Da distribución, que se fará porta a porta, encargarase persoal de Protección Civil e a Brigada de Obras, principalmente, co apoio de voluntariado doutros departamentos municipais. En cada vivenda entregarase unha bolsa de plástico con dúas máscaras.
As 32.000 máscaras, que vén de adquirir o Concello de Carballo tras numerosas xestións, súmanse ás 4.000 enviadas polo Goberno do Estado para os/as traballadores/as e que foron repartidas este luns por fectivos da Garda Civil e da Policía Local no polígono industrial, grandes empresas situadas noutros puntos e supermercados, principalmente.
Este luns tamén chegou novo material da Xunta de Galicia: 8 buzos de prolipropileno, 400 pares de luvas, 5 botellas de xel hidroalcohólico, 4 de lixivia e 400 máscaras cirúrxicas.
37