O Concello de Cee convoca praza de arquitecto/a

0 minutes read

O Concello de Cee acaba de convocar un proceso selectivo, mediante oposición libre, para a selección de arquitecto/a técnico para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, como funcionario interino,conforme ao artigo 10.a) do Real Decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLEBEP. As bases da convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o prazo de presentación de instancias remata o venres día 19.