O Concello de Cerceda amplía a súa frota de vehículos para a Policía Local

Cedida.

O Concello de Cerceda vén de ampliar a súa frota de vehículos en materia de seguridade coa adquisición de dous coches patrulla para a Policía Local tras a sinatura dun contrato de arrendamento cunha duración de 4 anos.

Trátase dun Toyota Land Cruiser e dun Seat Ateca, que permitirán os axentes cubrir a meirande parte do territorio municipal grazas ás súas características todoterreo. Ambos contan cun seguro a todo risco.

Cabe destacar que a Policía Local elabora informes durante todo o ano en pistas agrícolas, e durante moitos meses con condicións climatolóxicas adversas. A adquisición destes vehículos suporá un incremento na seguridade dos axentes.