O Concello de Cerceda ampliará a rede de saneamento desde A Vila ata Gandarouta

1 minutes read

Será coa construción na estrada CP-2405 de 630 metros lineais dun colector para dar servizo á veciñanza e cun orzamento de 37.000 euros. Unha vez rematada esta intervención, o goberno local proxecta a construción dunha senda peonil e dun pozo de bombeo na Vila.

Tamén está prevista a instalación de 16 pozos de rexistro de formigón, nos que se conectarán as correspondentes acometidas domiciliarias a cada un dos fogares para dotalas desta prestación.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, advirte de que “estas obras, de gran relevancia para nós, responden a dous motivos principais: a continuación da liña de traballo para seguir dotando a Cerceda de servizos que optimicen o benestar da veciñanza, así como do cumplimento das súas demandas, xa que queremos unha Cerceda que sexa feita polos veciños e para os veciños”.