O Concello de Cerceda asina un convenio coa Escola de Porteiros Nordés

Cedida

O Concello de Cerceda e a Escola de Porteiros Nordés asinaron este venres un convenio de cara á nova tempada, na que se plantexa que esta actividade sexa máis accesible para a rapazada de Cerceda, que gozará de descontos nas cotas mensuais. 

Na sinatura estiveron presentes o alcalde, Juan Manuel Rodríguez; Óscar Rama e Agustín Elduayen, de dita escola. 

A actividade desenvolverase no Campo Municipal da Revolta, en Queixas, cuxo tapiz é de herba natural. 

Nordés é unha escola de tecnificación deportiva na que se fai traballo na posición de gardarredes. Terá lugar os mércores en quendas de hora e vinte, hora e media aproximadamente.