Cerceda convoca os campamentos urbanos de verán

O Concello de Cerceda convoca os campamentos de verán que acollerán os espazos públicos do Centro Cívico e do Pavillón de Cerceda, entre o 27 de xuño e o 5 de agosto, e que estarán estruturados en tres quendas. A primeira quenda terá lugar do 27 de xuño ao 8 de xullo; a segunda, do 11 de xullo ao 22 de xullo; e a terceira, so 27 de xullo ao 5 de agosto. Os nenos e nenas de Cerceda de 3 anos (nados/as no 2018 e escolarizados durante o 2021-2022) ata os catorce anos poderán solicitar a súa praza do 1 ao 21 de xuño nas oficinas municipais do Concello.
O goberno local destaca que os nenos e nenas de Cerceda poderán gozar de varias actividades de lecer, deportivas e culturais, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares.
Os campamentos desenvolveranse de 9 a 14 horas e terán un custe de 50 euros por quenda e de 30 euros para os irmáns que coincidan nunha mesma quenda. 9 a 14 horas.
Polas medidas da Covid aínda vixentes os nenos e nenas deberán levar a súa merenda da casa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha