O Concello de Cerceda ofrecerá un coloquio divulgativo a través da Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC) sobre a factura eléctrica. Celebrarase o venres 18 de febreiro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal e todas as persoas interesadas poden anotarse no 981 686 209.
Acudirán José Manuel Golpe, técnico da entidade, e Jesús Castro, director da FAEPAC. A Administración local leva traballando varios anos coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, e desde o goberno local sinalan que “é unha boa oportunidade, dado o contexto actual, para que a veciñanza acuda para resolver as súas dúbidas en materia de eficiencia enerxética”, aluden, sinalando que “a FAEPAC serve de soporte e axuda directa na xestión deste ámbito”.
No municipio atópase unha oficina de servicio de asesoramento enerxético, no cal se ofrece a posibilidade de: revisión de facturas eléctricas; cambio de contrato ou compañía; cambio de titulares e reclamacións. Atópase no Centro Cívico, con horario de atención o público de 9:00 a 14:00 horas.