O Concello de Cerceda organizará en febreiro un obradoiro de iniciación á poda e enxertos

Foto.- Cedida.

As inscricións estarán abertas desde o 17 de xaneiro ao 31 do mesmo mes e a participación dispoñible para 15 persoas.

Poderán formalizarse na liña de teléfono habilitada 981 68 50 01 e as datas de realización do mesmo serán o 4 de febreiro, de 16 a 19 horas, e o 5 de febreiro, de 10 a 13 horas.

No curso impartiranse técnicas de poda de árbores froiteiras e o coñecemento dos métodos de reprodución vexetativa. Terá lugar no Auditorio Municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha