O Concello de Cerceda prepara unha ampla programación cultural para este novembro

1 minutes read
  • Contacontos, teatro, baile e unha andaina pola Vía Verde son algunhas das propostas que farán as delicias da veciñanza local.

Para o día 5 de novembro, ás 12:00 horas no Auditorio Municipal, está previsto que se desenvolva a obra ‘O espantallo amigo’ a cargo da compañía Os Quinquilláns e pensada para público familiar.

O venres 17 de novembro, Alba Vales estará na Biblioteca de Cerceda a partir das 17:00 horas para executar o seu ‘Contos arredor de nós’, narrativa oral na que levará a cabo unha actividade de contacontos acompañada do seu pandeiro.

O domingo 19 de novembro ás 12:00 horas, o Auditorio Municipal volverá a abrir as súas portas para acoller o ‘Concerto con fusión’ de Psícore. Está pensado para toda a familia.

Brais das Hortas chegará á Biblioteca da Silva o venres 24 de novembro para protagonizar ‘Contos para caghar patatillas’ a partir das 17:00 horas. Tamén para público familiar.

O 25 de novembro, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, terá lugar unha Andaina pola Vía Verde e a lectura do manifesto institucional. A partir das 10:00 horas sempre e cando a meteoroloxía o permita.

Os días 11 e 25 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, o Local Social O Moucho será escenario para os bailes sociais, ós que poden acudir todas as persoas que así o desexen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?