Coristanco acolle a presentación do libro «O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños»

1 minutes read
  • A presentación será hoxe, venres, ás 20:00 horas no Refuxio de Verdes

“O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños”, será presentada este venres no Refuxio de Verdes ás 20:00 horas. Trátase dun libro editado polo Instituto de Estudos Bergantiñáns e patrocinado polo Concello de Coristanco, onde se aborda a complexa realidade do Anllóns e súa historia a través da mirada dos seus autores cun texto que conta co apoio dun importante material ilustrado.

Ao pé do río Anllóns, nun acto moderado por José Antonio Andrade, os autores Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís A. Giadás Álvarez presentarán este estudo detallado do río Anllóns “ó seu paso por cada unha das parroquias que cruza nese camiñar”.

Por control de aforo e medidas de prevención específicas, para acceder á presentación será necesaria a previa inscrición telefónica no 651664908.