Faias e carballos foron plantados polos asistentes no que será o futuro Espazo Natural de Oca
O Concello de Coristanco, a través da Biblioteca Municipal, despediu este venres a última quenda de “Ó son do verán”, dando remate a esta aventura iniciada o pasado xullo co obxectivo de facilitar a conciliación familiar no municipio.
Como broche final, os rapaces do municipio deixaron a súa pegada no que será o futuro Espazo Natural de Oca. Coa plantación de varias especies de árbores autóctonas, adentráronse nun novo proxecto ambiental que enriquecerá a contorna.
Faias, freixos e carballos son algúns exemplos das especies que protagonizaron esta xornada de plantación, coa que ademais os asistentes «sementaron recordos como tributo a un verán moi especial», sinalan desde a Biblioteca Municipal.