- Trátase dunha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso que en España afecta a máis de 4.000 persoas
Este 21 de xuño foi o día Mundial da Loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica, máis coñecida como ELA, unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso que afecta a máis de 4.000 persoas en España. Por este motivo, o edificio do Concello de Coristanco iluminarase de verde ao sumarse á campaña «Luz por la ELA», promovida pola Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA xunto coa Fundación Luzón e máis asociacións, para se que fomente a investigación desta enfermidade e tamén para concienciar a todos das dificultades que conleva este problema.
O Concello tamén fixo visible nas súas redes sociais un proxecto audiovisual onde se mostran algunhas situacións do día a día de Genaro, un veciño da localidade que sofre esta dura enfermidade.