O Concello de Coristanco impulsa un novo curso de nivel cualificado en fitosanitarios

No marco das accións de apoio ao sector primario e en resposta á demanda crecente de formación no ámbito agrario, o Concello de Coristanco anuncia a posta en marcha dun curso de nivel cualificado en aplicación de produtos fitosanitarios, a través dunha entidade acreditada.

Este curso, dirixido a persoas que precisen o carné cualificado para o manexo profesional de produtos fitosanitarios, forma parte das medidas que o Concello está a desenvolver para facilitar o acceso á formación homologada sen necesidade de desprazarse fóra do municipio.

A iniciativa insírese no compromiso do Concello coa promoción do rural como motor económico, social e cultural, apostando pola capacitación técnica da veciñanza e polo apoio directo ás actividades do sector agrícola.

  • O curso será impartido por unha entidade oficial acreditada
  • Terá lugar en Coristanco
  • As datas concretas serán comunicadas nos vindeiros días, en función da demanda

As persoas interesadas poden xa inscribirse ou solicitar información adicional a través dos canais oficiais do Concello.

Dende o Concello, reiteran o seu compromiso coa mellora das condicións e oportunidades para o medio rural, apostando por unha formación de calidade, accesible e adaptada ás necesidades reais do territorio.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar