O Concello de A Coruña multa a unha empresa de patinetes 24 h. despois de poñerse en marcha

  • A empresa non contaba nin cos permisos nin coas licenzas requiridas

Este pasado xoves a empresa Bunny comezou a operar na cidade da Coruña e un día despois foron multados, xa que ao parecer non contaban coas licenzas requiridas.

Moitos coruñeses sorprendéronse ao atoparse con diversos patinetes eléctricos nalgúns puntos da cidade, entre eles os destinados a aparcabicis baixo titularidade municipal. A responsable destas aparicións é a empresa Bunny, unha compañía madrileña que aluga patinetes eléctricos a través de códigos QR.

Bunny comezou a operar este xoves 12 aínda que non contaba nin cos permisos pertinentes nin con licenza (hai un baleiro legal nestes casos), polo que o Concello puxo en marcha a multa.

En Vigo tamén pasou algo similar, e é que aínda non hai ningún municipio galego que conte con algunha normativa sobre o aluguer de patinetes eléctricos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha