O Concello de Culleredo concluíu as obras de reparación do depósito de auga da Corveira

0 minutes read

Cos traballos efectuouse o cambio da bomba por outra de maior capacidade, renovouse parte da instalación eléctrica, substituíuse a canalización, limpouse o interior e exterior do depósito e eliminouse o actual revestimento de cemento para aplicar un sistema de impermeabilización. Ademais, eliminouse a capa vexetal e de terra da cuberta, pintáronse os muros e a cámara de chaves, instaláronse baixantes de aluminio para a recollida de augas e substituíuse o peche da parcela na que se atopa o depósito.