O Concello de Dumbría alquila un local para que Abanca instale un caixeiro

1 minutes read
  • Estará situado no propio edificio que a entidade ten na localidade

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e responsables de Abanca asinaron este martes o contrato de arrendamento dun espazo na vila para facilitar que a entidade bancaria instale un caixeiro automático. Este estará situado na planta baixa do edificio que Abanca ten en Dumbría. Mediante este contrato o concello será arrendatario do edificio, cunha superficie de 123m2, pagando 200 euros ao mes.

Coa formalización deste contrato dase cumprimento ao convenio asinado o 31 de marzo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello para a universalización dos servizos financeiros nos municipios galegos, facilitando para iso un espazo concreto.

Nos vindeiros días procederase á instalación, posta en funcionamento e mantemento dun caixeiro automático que permitirá aos habitantes do concello cubrir, entre outras, as seguintes necesidades: disposición de efectivo, reintegros, consulta de saldos e movementos, pago de recibos e tributos, realización de transferencias nacionais, traspasos entre contas, activación da tarxeta e o cambio de PIN, entre outras.