O Concello de Ferrol impulsa a posta en valor do Castelo de San Felipe

1 minutes read

O Concello de Ferrol inaugurou este xoves a exposición permanente «Defensa de Ferrol: A Batalla de Brión» na sala Cureñas do Castelo de San Felipe nun acto sinxelo marcado polas actuais restricións sanitarias ao que asistiron a segunda tenente de alcalde e concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus; a de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero; o voceiro do goberno local, Julián Reina; os concelleiros da corporación municipal María del Carmen García (PP) e Mar López (BNG) e representantes do Museo Naval, do Arquivo Militar, do Club Montaña, da asociación Batalla Brión e das entidades veciñais de Brión e de San Felipe, entre outros. A mostra inclúe diversos elementos gráficos e visuais para explicar e poñer en valor a través de seis bloques temáticos os acontecementos dos días 25 e 26 de agosto de 1800. A exposición pode visitarse no horario de apertura do castelo, de luns a domingo incluído festivos de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.