O Concello de Ferrol limita o uso de fontes públicas e lavadoiros para combater os contaxios polo Covid-19

1 minutes read
  • Seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, cortarase a subministración de auga naqueles elementos nos que sexa posible

O Concello de Ferrol vén de limitar o uso de fontes públicas e lavadoiros co obxectivo de frear posibles contaxios polo Covid-19 entre a poboación. Seguindo as recomendacións formuladas polo Goberno autonómico, a concellería de Servizos, da que é titular Ana Lamas, está a cortar a subministración de auga potable en todos aqueles elementos nos que sexa posible.

Nos casos nos que non se poida suspender, o Concello está colocando carteis informativos desaconsellando o seu uso durante o tempo que dure o estado de alarma. Ademais, desde o departamento de Servizos tamén se está a precintar fontes e lavadoiros.

Lamas explicou que a medida obedece ao obxectivo de “combater con determinación os posibles contaxios polo Covid-19 e a súa propagación entre a poboación”.