Concello de Lalín e axentes económicos do Deza, xuntos para pedir rebaixas na AP-53

Percorrer os 42 quilómetros que separan por autoestrada Santiago de Lalín custa xa 6,40 euros. Un prezo que os viaxantes diarios din ser inasumible para moitos, sobre todo para os que a usan para traballar, que piden a Fomento que na AP-53 se fagan as mesmas bonificacións ca na AP-9, coa viaxe de volta gratuíta no día.

O Congreso aprobou pedir esta medida ao Goberno, así que agora o Concello de Lalín e os axentes económicos da comarca queren facer unha fronte de presión conxunta para que os escoiten.

A integración de colectivos e a recollida de sinaturas son algunhas das accións coas que van pelexar por estas bonificacións, que terían un custo anual de 3.200.000 euros, segundo un estudo da Xunta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha