0
Será co obxectivo de mellorar as instalacións e aumentar a seguridade dos usuarios. O custo total do proxecto ascende a 61.551,77 euros, sendo o 65% do mesmo subvencionado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través dunha axuda de 40.000 euros que foi aprobada recentemente. A actuación contempla a colocación dun pavimento de caucho continuo en practicamente todo o parque, co correspondente levantamento do firme de caucho existente. Tamén se deixará unha zona de area destinada aos máis pequenos e pequenas. O parque seguirá contando con elementos de xogo como unha rede de escala, bambán ou randeeira.