O Concello de Laxe retoma este domingo o seu Baile Social

A sesión desta semana será o día 19, a partir das 18:00 horas, no local social de Traba. A entrada é libre e completamente gratuíta.

As persoas participantes poderán gozar de música e baile en directo, acompañados coa actuación especial de Judith Cundíns.

Desde o goberno local animan á cidadanía a achegarse ata o lugar para gozar dunha tarde do máis animada en compañía dos seus veciños e veciñas.

Judith Cundíns é unha cantante solista profesional que ofrece actuacións para eventos con diferentes estilos musicais: música latina, copla, pop, etc. Exerce tamén como bailarina realizando nos seus eventos musicais shows de Danza Do Ventre.
No pasado formou parte de diversas orquestras galegas durante un período de 15 anos. Obtivo o título de Pianista polo Conservatorio Profesional de Música Da Coruña e cursa dous anos máis no Conservatorio Superior De Música Da Coruña.
Tamén asistiu a clases de técnica vogal clásica. Foi coreógrafa de varias agrupacións. En 2011 entra a formar parte da Propiedade Intelectual como compositora e letrista. Realiza arranxos musicais e secuencias.
En 2014 dá un concerto de copla xunto á Banda Municipal da Coruña no Teatro Rosalía e nas festas patronais de María Pita.
En 2015 ofrece un concerto de copla en Cambre xunto coa Banda De Música Sementeira. En 2017 canta no teatro Ágora coa Banda do Obradoiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha